E ti alá e eu aquí... escribindo sobre unha partitura por encontrar o papel demasiado frío... liñas negras baleiras que piden notas e silencios... pero non os hai... o silencio é o branco do papel e o negro a cor do meu corazón.
Estou soa tirada na cama, procurando non pensar en nada, e menos en ti. Non hai bágoas que emborronen a tinta no papel, nin sorrisos que iluminen as palabras... só o tempo que avanza lento, e eu que non sei ser allea a el, agardando a que volvas e contando cada segundo que falta... e cada segundo que paso sen facer nada.
A música entra por un oído e sae polo outro pasaxeira , deixando un rastro lixeiro que altera o sentimento...
Cando te teño non te aprecio... e cando me faltas.... desespero e morro por un bico, é entón, cando non estás, cando máis te quero, cando máis te amo, e non te teño pra dicircho... e non te teño pra bicarte...
Porque se non estás, o aire non ule a nada e o frío nos pés descalzos non se sinte, se ignora. As caricias non existen, se esvaecen pra deixar paso á túa ausencia que ao oído me susurra o teu nome pra que teña conta dela... Sen forzas para berrar, sen ánimo de comezar nada, fago un esforzo e sento na butaca do piano. Indecisas as miñas mans deixan soar un acorde de entre as teclas... Do menor... con ese mi bemol, marcando a tristeza da tecla negra... acompasada comigo. Porque cando non estamos xuntos, son eu a que estou soa...
Non quero fotos que me leven ao pasado e me fodan o presente, non quero chamarte pra saber que estamos separados, non quero saír a rúa e ver como camiño en sentido contrario aos demáis... non quero nin piedo nada máis que adiantar o tempo ou teletransportarme para sentir o teu arrecendo preto de mín, e que as inquedanzas me leven a seguir o rastro... buscándoME.
Pecho os ollos. Un cadáver. Me asusto. Non me atrevo a tocalo e fuxo correndo, pero só hai árbores que non me levan a ningures. Corro en círculos e volvo aparecer xunto ao cadáver. Onde estou? Agáchome , non ule a nada, non ule a monte nin tampouco a vida, non hai sangue pero tampouco movemento.
Pechando os ollos doulle a volta có pé pra verlle a cara e cae de volta como un saco de patacas... e nel vexo a túa cara, non sei quen estaba máis pálido se ti sen fluir do sangue ou eu ao verte. Acaricio o teu rostro frío para limparte da terra que te emporcaba a cariña... os ollos pechados fante inofensivo, e inerte como unha pedra... pecho os ollos eu tamén, e achego os meus beizos aos teus, a miña cabeza á túa... ata que se xuntan. Bicámonos . Bícote, porque ti non te moves. Quédame un sabor amargo e frío, e desexo a morte contigo . Non podo soportar vivir sen ti.
Collo a túa man e túmbome ao teu lado, xiro a túa cabeza mirando pra mín e a miña mirando pra ti ... Pecho outra vez os ollos e déixome morrer...